Publicidad:
Terra
La Coctelera

Pacoco

Labañou RECUERDOS; AMISTAD Y SOBRE TODO BUEN HUMOR

4 Febrero 2010

Labañou: O NAUFRAXIO DE PETER

 

O NAUFRAXIO DE PETER

 Aquel inverno foi o mais duro que eu lembraba da miña probe e corta esistencia, o vento azoutaba a nosa casa con unha forza insospeitada, choiba e friaxe facían daquel paraxe máis triste e lóbrego que de cotío. Nosa casa, no cume daquel penedo sofría estoicamente o mal tempo que facía dende hai tres días e non tiña trazas de parar, o mar bruaba embravecido, as ondas escarapolaban polas rochas do acantilado, empuxadas polo forte vento, facendo que a choiva e a auga do mar rompera con forza contra os vidros das nosas fenestras.

 Sentada diante da lareira, miña nai ollaba para o lume cos pensamentos postos en sabe Deus que, tiña fixos os ollos nas lapas daquel lume que, en calqueira outra ocasion, o seu calor sería reconfortante, máis, naqueles intres era agobiante, a pesares do frio que facía. Pregaba, o tempo que trataba de remendar unha peza de roupa, con xesto de autómata, deixou a sua laboura, ergueuse, achegouse a fenestra, pechou as contraventás, correu os ferrollos e volveu a sentarse o caron do lume, ollando con indeferencia aquelo que a rodeaba, coma si non lle importara cousa algunha das que ali se atopában. Unha bágoa esbarou polas suas meixelas. Un arrepío abaneou o meu corpo, contrainme de dor e pena, o ver o sofrimento que naqueles días estaba a pasar miña probe nai.

  Tres días antes meu pai fixérase o mar coa sua pequena dorna a motor. Ia na compaña de dous mariñeiros, coma de costume, ademáis doutra lancha con outros tres homes a bordo, saían a faenar en parellas, máis endemal ainda non voltaran, e aquel temporal non che traía moi bo agoiro.

  A nosa pequena casa era somentes de baixo e sobrado, máis que un sobrado, era, un faiado, en él tiña eu o meu durmitorio. Deixei a compaña da miña nai e subin para o meu cuarto, pola escaleira da dentro, fun cara a fenestra dende a que ollaba a ensenada que daba entrada o pequeno peirao pesqueiro, e que naqueles intres podía ver a algunhas persoas que ian mirar cara o horizonte na pescuda dalgún barco que viñera de arribada. A xente movíase nervosa dunha banda para outra, movendo a testa, dando a comprender que so un milagre podería devolver os seus fogares, a bon porto, sans e salvos a aqueles que saíran a faenar, facía tres dias.

  Na mañán siguinte do cuarto día, o amencer, a xente do pobo volveuse a xuntar no peirao, seguíamos agardando o milagre, o temporal lexos de amainar, ia en pleno apoxeo, seica a maiores, cando de súpeto unha persoa berrou, que as ondas traian con elas, cara a terra, algunha cousa.

 Miña nai e máis eu nos atopabamos no meio da xente, agardamos con desacougo que ia ser o que arrastraba o mar contra a costa, cara o porto, non se ollaba con craridade, sen dúbida era restos dun naufraxio, cachos de madeira e outros trebellos. A desolación e o silenzo era evidente, entre tódolos veciños que alí nos atopábamos, en particular dos achegados, que xa se daban a chamarlles naufragados, ainda que, como dixo un vello, aqueles non tiñan porque sere das nosas embarcacions, poderían ser doutras, xa que viña sendo ruta obrigada para os barcos que se dirixian o Norte, iél sabíao ben!, fixiera a travesía moitos anos, agora tiña 80 anos de idade, pero principiara a sua andaina polo mar coma grumete, e inda hoxe era coñecido polo alcume de "O Grumete". Este bo home mareiro, tiña moitísima experencia e coñecementos do mar, e moita credibilidade entre tódolos veciños, polo que, cando profeicitaba algunha cousa, era coma unha sentencia, tal e así que soio dicir esas verbas, a xente, incluidos miña nai e mais eu, volvimos a pouco a matinar nun milagre.

Ian pasando as horas, a meia mañá semellaba que o temporal ia amainando, moi paseniño, o ceo cheo de nubarrons mouros iase convirtindo en algo azul, aquelo para todos nos era moi siñificativo, chegaría a bonanza o mar acougaría, deixaría de axitarse e poderíase sair no procura dos que ainda non voltaran.

 O porvir volvíase certamente espranzador i o ver isto, invadeume un feble alento anímico acompañado dun resquicio o optimismo. Entroume a imperiosa necesidade de falar coa miña nai, consolala dicirlle o moito que a quería, sobre todo agora que sofría caladamente a ausencia do meu pai. Por suposto, a falla do meu pai, a min causábame pena e dor, maís a verdade, o que via diante de min, era o estado no que se atopába miña nai, sobor daquela traxedia que estábase a desenvolver nas nosas vidas.

Sain do meu cuarto, escaleira abaixo que me levaba a estancia na que se atopába miña nai, e por énesima vez, non poíden conter aquel forte arrepío que recorría o meu corpo, deixándome inerte e sen poder artellar nin unha palabra. Semellando tranquilidade achegueime a éla, abraceina garimosamente coma mostra do que sentía, e que si o meu pai non voltara, eu coidaría dela e traballaría arreo para que non lle faltara ren, pero non puíden dicir nadiña, éla si o fixo.

¡Non te aflixas mais meu fillo! Se acadase o pior, sairemos adiante, hai que ter fe e espranza. Xa veras como a partires de agora vai cambea-lo tempo, entón os homes do pobo faranse o mar e axiña ollaremos entre nos o teu pai e os demais, sans e salvos.

A úneca taberna no pobo, era o lugar axeitado para a xuntanza dos veciños danosa pequena vila, feita de pedra e madeira, e según dicían os mais vellos do lugar, a madeira, pertencente a un veleiro bergantín que tiña naufragado a unhas millas da embocadura do porto. O mar encargárase de achegar a terra os madeiros e o primeiro dono daquel estabelecemento, fixo o resto. Na sua fachada inda podía lerse o nome do barco, que o mesmo tempo daballe o seu nome a aquela taberna, e chamábase " A Tartaruga Veloz" e que en concreto pertencía a proa do veleiro naufragado, eso dicían. Aqueles ouírano dos seus pais, estos dos seus devanceiros e así sucesivamente, e por suposto que tratabase dun barco pirata, que antes do naufraxio, xa estivera atracado por alí en algunhas ocasions, para aprovisioarse, e a tripulación a dares conta dunhos bos netos de ron e cervexa.

 O capitan que mandaba aquel veleiro, era home de complexion atletica forte, e según dicían, moi simpático, chamábase John e de alcume "Seisdedos" naide sabía a cencia certa o por qué, xa que contaban, tiña cinco dedos en cada man e en cada pé, ainda que outros opinaban que o alcume daquel pirata viñalle de cando nos seus anos mozos fora un hábil, raspiñeiro, e moi lacazán, de certo renome, e donde poñía a man, cousa que dabáse por desaparecida, fose como fose, "Seisdedos" era, fora o seu alcume.

A noite caía e aqueles que inda permanecían no embarcadeiro do porto, deronse meia volta, e encamiñaronse cara a taberna, sentaronse en reunión coas persoas que alí atopábanse, pediron unhas cervexas, e pusieron os seus ollos sobre o persoaxe máis importante naqueles intres, e que non era outro que "O Grumete" iste, ainda que estaba calado, coa boca ben pechada, semellaba que dun intre a outro ia escomenzar unha perorata, coma así foi.

Se coa preamar de mañá non aparece ningún resto das embarcacions, teremos que ires matinando na preparación das honras fúnebres, xa que, arestora non están eiquí as mulleres, coido que os restos que vimos onte pertencían as dos nosos, e xa sabedes o que iso siñifica, de tódalas maneiras non nos alarmemos nin adiantemos acontecementos, teño a espranza que, cando menos un deles, e refírome a Peter, que xa sabedes todos vos e ousado, arriscado e valente, fora a refuxiarse o caron da cova do pantasma "John Seisdedos". Sí, xa sei que non e doado nin so cuestión de valor, máis tratándose de unha prioridade como a de elixir entre a vida ou a morte, creío que non ten moita dúbida, sempre e cando deralle tempo de chegar alo.

Os presentes quedaron calados e cavilando nestas derradeiras palabras, aquela cova facía polo pouco, cen anos que naide se achegaba ata ela, era unha lenda e ninguen lembraba a sua procedencia, nin tan siquera por qué era unha lenda, e como tal tódolos veciños do pobo, home ou muller, xoven ou vello, sabíano de corrido o que dela contabase, xa que asi, dicían, acontecera, era de coñecemento popular e xeral, e non so do noso pobo, se non tamen daqueles de máis lonxe. E dicía a voz popular que, naquela xeira do naufraxio, facía moitisimos anos, un barco pirata dirixiase cara o noso porto, como en tantas outras ocasions, facía bo día e o mar encontrábase acougado, máis, de súpeto, desatouse un forte temporal e unha treboada de mil demos, que fixo que o veleiro fose a encallar nunhas rochas preto da cova. Que se saiba non houbo ningún supervivente agás de "Jonh Seisdedos" o cal, un forte golpe de mar foíno arrastrándo o interior da cova e alí permañece o seu pantasma a traveso dos anos, a lo menos iso e o que di a voz popular, sobor da lenda .

 A partires dese día, o do naufraxio do barco pirata, en noite de lua cheia i o mar rizado, os pescadores que pasan coas suas embarcacions polos arredores, din escoitar os laios do probe pirata, chorando por mor de non poder salvar daquel naufraxio a sua tripulación. Esta e a lenda que dende entón vai de boca en boca. O caso e que cando saen a pescar, pola razón que sexa, os pescadores tratan de navegar o máis lonxe posibre daquela cova.

O silenzo sepulcral na taberna foi rachado por " O' Shea O Tolo". Iste persoaxe contaba, a quen quixera escoitalo, que nunha ocasión él metérase na cova e mentres permaneceu nela, estivo falando con "John Seisdedos". O que si era certo, e que estivera a faltar do pobo moitos dias, a xente dábao por desaparecido, cando volveu, os veciños o escointaron cheos de expectación, máis, o oirlle falar de onde viña, chegaron a conclusión que tratávase de unha chea de trolas, e que en realidade o que fixera e que, coa sua embarcación, fórase a outro pobo a pasalo de troula, e que todo aquel tempo o adicara a beber, collendo tal esmorga que no era quen a lembrar nin ren, e que sinxelamente, con toda seguridade, zouparanlle na testa quedando tocado do aíña, e coa consiguinte mala coordinación, falaba e non paraba do pantasma máis da cova. Dende entón ia ser coñecido por " O' Shea O Tolo"    

A personalidade de O'Shea era moi peculiar, seu carácter nobre e de moita bondade cos máis cativos do pobo, transformábase en arisco e maldicinte cos meirandes, viaxeiro incansabre nos seus anos mozos, contador de historias, bebedor empedernido, achegándose moito a definición de bébedo, solitario circunstancial e obrigado, cunha serie de valores humans os ollos dos máis novos e tamén para aqueles que tiveran a pacencia suficiente e quixeran deterse nun analise daquela estrafalaria persoalidade.       

Máis, no meu pobo, supoño eu que nos outros e o mesmo, desgraciadamente non había xente que tivera esa virtude, a virtude de examinar os demáis e extraer conclusions xustas i equitativas, semella que e unha raza extinguida, sen máis, colocanche o letreiro por alguns feitos, i estos, indicaban que, O' Shea estaba tolo.

 Dicía que, racharase o silenzo e cando "0 Tolo" tomou a palabra, foi para falar o que xa todos nos agardábamos dixera, que si os naufragos se atopában na cova, non sería un día nin en dous cando ian aparecer, senon que teríamos que agardar entre dous e seis meses, ise era o tempo en que "John Seisdedos" empregaba en relatar as suas historias e ensinar as posesions das que era dono e señor, iso no caso que os deixara voltar, primeiro comprirían co xuramento de manter o segredo, que baixo ningún concepto dirían nadiña a naide do que alí viran, isto sempre que o amigo "John" ollara que podía confiar neles, porque se notaba nas suas facianas a máis feble sinal de dubida, xa non irian a ningures, quedarían alí dentro de por vida, ou de por morte, que nunca se sabe. Él sabíao ben, tivo que xurar pola sua honra e ademáis pola da sua nai, que endexamáis diría o que alí vera e había, podería falar da cova e do pantasma, pero de nada máis.

Por suposto, dentro do drama que alí vivíase, naquel intre as gargalladas e mofas foron das que fan data, todos sen excepción escachábanse a rir, ollando a faciana de "O' Shea O Tolo". 

¡Malditos séxades! Coa a paixón e vehemencia que fixen a narración e ninguén creeme, ¡e verdade! Como me chamo O' Shea o mesmo que meus irmans, ¡e verdade, xúrovolo!.

Máis os irmans O' Shea, o mesmo que os demáis veciños, seguían a escacharse a rir.

Saín da taberna cun soriso nos beizos. Durante aqueles derradeiros minutos esquenceuseme por enteiro tódolos problemas que afectaban a miña nai e máis a min. O frío da noite xelou o meu soriso volvéndome a realidade dos acontecementos, a pena, a dor i o vacío, envolvéronme, sentín no meu corpo a intensa friaxe da noite e apresurei meus pasos cara a miña casa, que se mantiña a escuras. Subindo por aquel camiño, de costa moi empinada, puíden ver lus na nosa fenestra, unha lámpada movíase dunha banda para outra, o achegarme maís preto da casa, ollei a miña nai que cara o mar facía sinais a alguén. Os meus ollos percorreron a auga do mar ata o horizonte sombrío. A lua, allea a calqueira desfeita, deseñaba o seu resplandor de lus nas augas, bailando coas ondas. Máis, alí non se vía, nin se atopába ninguen. Chamei a porta, miña nai abreuma, fanqueoume a entrada e abrazámonos. Chorando sen dicír palabra marchei cara o meu cuarto, éla, quedou sentada diante da lareira mirando para as lapas do lume que en calqueira outro intre o seu calor sería reconfortante.

Metínme na cama. Da miña testa non podía apartar o conto que dixera "O' Shea O Tolo" ¿e se fora verdade o que él dicía? Non era quen a durmir, según ian pasando as horas, máis, moito máis, aferrábame por enteiro a aquelo que "O Tolo" tiña dito, e entón quedeime dormido. Sonos funestos e pesadelos de mil diaños de pasaxes horrorosos, acompañáronme o longo da noite.

Pasaron dous días maís sen ningunha nova, o tempo melloraba, xa case era de calma total, "O Grumete" no embarcadeiro do porto, o meio do serán daquel segundo día, o tempo que ollaba o horizonte, comentou,     

Se mañá mantense iste acougue axeitaremos unha embarcación e farémonos o mar, navegaremos polos arredores na percura dalgún indicio.

Inda que a pesares destas verbas ditas polo vello lobo do mar, o sentir xeral, cavilaban, que non tiña remedio algún, que xa terían perecido todos. Xa pasaran cinco dias e ainda que niguen quería pronunciar a verba fatídica, no noso subconsciente sí xacía.

E na mañá siguinte estábamos nas mesmas, nin ren do naufraxio, ningún rastro, nin para ben, nin para mal. "O Grumete" acompañado de tres homes, fixeronse o mar en percura de Deus sabe qué.

O cabo de unhas cinco horas os homes volveron a terra, moi desolados e cheos de resiñación, a saida fora infructuosa, percorreron a costa dunha banda para outra, rastrexando cada corruncho na procura de rastros e restos, do que puído ter sido, máis ainda que o pensaban, non podían dicir que foi, non atopáron probas, nin o máis feble indicio daquelo que ninguén quería chamalo polo seu nome. No embarcadeiro, apartado e só, achegado a unha dorna, estaba "O' Shea O Tolo". Ata que chegaron a terra "O Grumete" e os seus acompañantes, naide reparara nél, máis a partires daquel intre, os presentes comenzaron a fixarse na sua persoa, xa que en todos nos, as touladas que contaba "O Tolo", ia tomamdo corpo e xeito, abofé que viña ser coma collerse a un cravo ardente, non obstante, era o derradeiro recurso a maneira de espranza.  

Pasaban os días, e iase normalizando a situación, o pobo case voltara  ser o que sempre foi. Se estiveran a facer os funerais, un o día por cada desaparecido, sen corpo presente. No camposanto, gardóuse un anaco de terra e fixéronse os furados, para cada un dos defuntos . E logo disto, pois nadiña, empezáronse a solicitar as axudas correspondente, ainda que eiquí as cuestions eran, natural, (o Estado persigue os vivos para que paguen os impostos relixiosamente) como non tiñamo-los mortos, non daban as axudas. Ben estaba que naide contribuise polos desparecidos, e que o Estado deixase de ingresares algo por eles, razón de máis, polo que pensaban, habería que sere comprensivos e transixentes, pero diso a que por riba tiveran que aboar unhas certas axudas, home ...

Ou sexa, que para o Estado, non se encontraban mortos, e xa que non houbo aparecemento dos corpos, as axudas de momento, poís tampouco, e dicir que, miña nai non era viuva, estaba casada con un desaparecido, e tal como dixo o da ventanilla, funcionario de pes a cabeza e por demáis moi agudo, ¿pódeme asegurar vostede que coa dorna non se foron a América?

Entre unha cousa e outra, entre acontecemento e acontecemento, foise achegando a primavera, e nin rastro das embarcacions, nin dos homes mariñeiros, máis como soe ocurrir coa maioría das cousas, a xente foi esquecendo pouco a pouco todo aquel episodio e chegados istes intres, na práctica, ninguén acordábase, ou non querían lembrarse, que de todo hai, de semellante traxedia, somentes os achegados e familiares dos náufragos, tiñan o seus corazons cheos de dor e tristura, pola perda daqueles seres queridos, e de cando en vez ollaban o mar coa espranza de ver voltar os que un mal día saíran a facer seu traballo e que por mor dun temporal traizoneiro non poíderon voltar.

Con todo e con iso, "O' Shea O Tolo" debía ser o único veciño de toda a bisbarria que ainda mantíña a fe en que os desaparecidos voltaran, maís para él non se atopában desaparecidos, ian a estar refuxiados onde estaban, e non o falaba nin quería insistir nélo, pola razón xa coñecida, él intuía que así era, a xente creía que estaba tolo e perguntábase a se mesmo ¿e quen está cordo? Sabía moi ben que non lle facían nin puñetero caso o que él dicía, e que as suas costas ríanse dél e ademáis lle tiñan mágoa, tranquilo, eu o meu, diciáse, veremos e agardaremos cal e a cor do desenlace, hai que tere pacencia, os pantasmas a teñen o longo da sua morte, i eu tereína durante toda a miña vida.

Xa o tempo virava cara o cabo de ano, pero dende o último funeral polas almas dos desaparecidos, tódolos días, a primeira hora da mañá, "O' Shea O Tolo" baixaba o peirao, acomodábase nunha vella dorna abandoada por inservible, él xa facía tempo que a tiña arranxada para o seu uso persoal e para certos menesteres, pasábase todo o día oteando o horizonte co seu vello catalexo, que según lle gustaba contar, pertencera a un pirata, ainda que a dicír verdade, niguen o creera. Preparaba as suas viandas e xantar naquel lugar, sempre acompañados da sua boa botella de cervexa misturada con ron, e deste xeito, un día si, e outro tamén, a naide do pobo extrañáballe ista situación nin reparaban nél, era coma se xa formara parte de entorno do peirao, tiña que estar alí e punto.

Un bon día, a mitade do mes de xullo, alá pola tardiña, cando todo quisque se acobexaba a sombra fuxindo da canícula do veran, o tempo que aproveitaban para votar unha boa durmidura, xa que a quietud e silenzo era total, de súpeto, no meio daquela bonanza, se deixaron escoitar unhos berros desaforados que o parecer viñan do embarcadeiro, algo así como, ¡aleluia!  ¡aleluia!         

A xente saíu das suas casas e fóronse xuntando diante da taberna, "O Grumete" voz cantante do grupo, ainda coa faciana somnolienta,  perguntou,

¿Qué toulada de berros son isos? ¿Quén e o animalexo que está a berrar disa maneira e por qué?

Baixou sua vista cara o embarcadeiro e recoñeceu o dono da voz daquel berrallou, ¡vaites, vaites!, "O' Shea O Tolo" ¿quén se non?. Os demáis O' Sheas e o resto das persoas, vían con estupor que "O Tolo" axitaba os brazos, nun deles o catalexo, sinalaba cara o mar, cara o horizonte. Baixaron axiña o peirao,

¡Qué diaño che pasa!

¡A que ben tanto barallar!

¡Que che acontece!

¿Estás bébedo ou qué? ¿Qué tolemia che petou?

Falaban todos o mesmo tempo, e "O' Shea O Tolo" no era quen a aturalos, no podía respostar, volvíano tolo con tanto desquiciamento, nun esforzo sobrehumán, xuntando a pouca forza que lle quedaba pola excitación, berrou unha vez máis,

¡Siileeenzooo!

(Carallo para "O Tolo" pensou máis de un).

E fixose, colleu folgos alentando fondo, para dicir con forza, ainda que un pouco trabucado,

¡Os desa ..... os desa ...... os desaparecidos!

E alí mesmo desatouse o xolgorio e a tolemia, ahora sí, colectiva, entre todiña a xente do pobo. A dor e a tristura contida durante tan longo período de tempo, deu paso e renda solta a festa e a algarabía, sí, alí mesmo estaban as persoas, que os meirande de nos, dábamos por desaparecidas, si señor, tódolos que un bon día marcharan, eles en carne e oso sintindo un gozo incríbre, e nós, radiantes de ledicia. A primeira embarcación en atracar foi a de Peter, meu pai, saltou a terra e sin pensalo dúas veces, abrazouse fortemente a miña nai e máis a min, eu encontrábame entre ambolos dous, os tres fundidos nunha aperta interminabre de felicidade, os ollos cheos de bágoas, máis, ben distintas as dos días pasados. Os outros compañeiros da "viaxe", por suposto, recibían con agarimo o mesmo dos seus familiares. Cando pasaron eses primeiros intres, en que tódolos conveciños facían por palpar os desaparecidos, coma si quixeran confirmar que eran de carne e oso, meu pai, Peter, paseniño separouse de nós e daqueles que se atopaban o seu redor, buscando coa vista a alguén. Tropezou coa imaxen de "O' Shea O Tolo", este seguía no seu posto de vixía, na sua dorna barada, Peter con un soriso nos beizos, encamiñouse onda aquel lugar, púxose diante dél, abrazouno, estreitouno contra o seu peito, e díxolle,

A groria e a honra é o premio que ti mereces, sexa este abrazo para refrenda-las miñas verbas.

Con estupor, todos nos escoitamos aquelas palabras saidas da boca de Peter, e non sabíamos nin seu siñificado nin entendíamo-lo gallo, polo que viña a dicírllas, semellaba que, "O' Shea O Tolo", sí, sabíao perfectamente.

Aquela misma noite, "os aparecidos" convocaron a tódolos veciños na taberna, para dicír, ou al menos tratares de clarexar o que tiña acontecido naquel espazo de tempo. A expectación era grandeira, palpábase no ambente certo aire de nervosismo e impacencia. Cando chegamos miña nai e máis eu, os conferenciantes, os "resucitados", estaban nunha especie de estrado para que poideran ser ollados, dende tódolos angulos da taberna, e na compaña de "O' Shea O Tolo", isto dáballe máis realce o acontecemento e moita máis intriga. Peter levantouse do seu asento, acrarou a gorxia, e axiña sin que ninguen o pedira, fíxose un silenzo sepulcral, case que insultante e escomenzou a falar,

¡Amigos!, antes de seguires, quero desde eiquí da-las gracias a cada un de vos, encol os desvelos, sofrimentos, tristura e dor, que pasachades por todos nós, ¡moitas gracias, graciñas! E falado isto, vou  tratar de representares o que aconteceu dende aquel funesto día que nos fixemos o mar. Volveu a tomar asento e seguires a falar. Saímos do porto co rumbo direito a fondear á altura da illa do Pato, que como todos sabedes e un bon caladoiro. Ainda que case non botaramos as redes, cando ollamos que uns nubarrons mouros, movíanse a unha velocidade máis rápida do normal, de vértigo diría eu. Intuímos que se achegaba un bo temporal, levamos áncoras, e a toda máquina enfilamos a proa das dornas cara o porto, máis desgraciadamente, cando estabamos á altura da cova do Pantasma, desatouse o máis grande temporal que eu lembro e que os meus ollos virán en toda a miña vida, así, sen máis, ¡de súpeto! Ondas de sete metros e ventos de 60 nos, e por riba unha treboada que metía medo, na compaña de tronos e lóstregos de mil diaños, non eramos quen a pensar o que debíamos facer en circunstancias de tal mañitude, bastante tiñamos con manternos na cuberta e tratar de fixa-lo temón, tarefa case imposibre a facer, maís para nosa sorpresa, unha forza sobrehumán empúrrabanos cara a entrada da cova, ¡as dúas embarcacions!

¡Vaites! Para que o entendades, coma si estiveran amarradas unha á outra, e case sen darnos conta, vímonos dentro dunha ensenada, onde a calma era total, de tal maneira sería, que che daban arrepíos de terror, polo contraste co exterior e polo medo que todos nos tiñamos no corpo. Nos atopábamos alí dentro perplexos e paralizados, e de contado, unha voz mismamente coma un trono, ¡benvidos! ¡estades salvados! A lo menos de momento, sonche eu, e chámome, John Seisdedos ........

Un ¡Oh! ¡Oh! ¡Oh! De incredulidade percorreu a sala entre os alí comparecentes, cortando de raiz o relato de Peter.

Peter, pideu calma, ¡tranquilidade, tranquilidade! De seguires así, non poderei dicir moito máis.

Calmado xa o auditorio, Peter puído continuar,

¡Seguídeme! Estaba a dicir aquela misteriosa voz,

I eu, que facía de interlocutor, berrei, ben, máis que berrar, o dixen polo baixo, porque ¡carallo! non era cuestión de que, aquel o que fora o tomara como un aldraxe, entón iso, anque sexa moito perguntar, ¿onde? ¿con quen? 

Non víamos a naide, só escoitábamos aquela voz e o rumor canso das ondas, as dornas seguían cara adiante, sen que ninguén as empúxara ou dirixira, tropezamos amodiño contra unhas rochas que viña a ser unha especie de embarcadeiro de pedra natural granítica, e de contado outra vez a voz, coas indicacións e ordes a seguires,

Botade as áncoras, amarrade e desembarcare, deberedes seguir por esa especie de túnel, o remate ollaredes unha porta, empuxala, veredes unha lus, e entrade.

Así o fixemos, non tiñamos outra alternativa, empúrramo-la porta, con máis medo que vergoña, os seis iamos collidos da man, e ¿que vimos? ¡un paraíso! Lus, cores, o arco da vella, todo o que vos podades imaxinar, aquelo tiña que sere o ceo, ¡sí hó, o mismísimo ceo!, xa pensábamos, debemos de estares mortos e entrando no paraíso, pero non, somentes alucinados, meio parvos e viviños. Recuperados da sorpresa, ollabamos aparvados aquel don da natureza, ¡celestial! repito, unha bahía, a auga do mar, azul coma endexamáis víramos, o seu arredor, toda clase de árbores, mesmo palmeiras, e no meio, unha chavola. Non dábamos creto o que víamos, restregábamo-los ollos con saña, non fora a ser que  ... e unha vez máis  a voz,

¿Vedes esa cabana? Poís vide e entrade néla.

Fomos e así o fixemos, outra nova, alí dentro todo era limpo, sinxelo, resultaba exultante, maravillosa quietude que daba paso a un relaxamento tal, que nunca ningún de nós sentírao.                                

A unha banda daquela estancia chamounos a atención unha cadeira xiratoria, feita de vimbia co respaldo cara a nós, non se vía a ninguén, pero intuíamos, que alguén encontrábase alí sentado, de xeito que escomenzou a xirar, máis non vimos a naide (che debía ser mecánica) e volveuse a oír a voz por enésima vez,

Vos non me podedes ver, natural, porque son unha pantasma, e estou eiquí sentado, chámome "John Seidedos", máis sentade que tedes para un bó anaco, sempre que vos portedes adecuadamente, craro, sendo así, levarémonos ben. Salveívo-la vida, supoño que vos coñecedes ben a miña historia, o que se di de min e do meu naufraxio, e fin, porque dende aquel día sempre que teño ocasión fago algún que outro salvamento, cousa da concencia, digo eu que será, como non puíden salva-los meus, alo menos, salvar a alguén e ter tranquila a concencia e depaso enmenda-la plana, certo é que naquel tempo, todo hai que dicilo, non tiña o poder que che teño hoxe, eu cría que sí, craro que, non é unha xustificación, pero o xusto sería a ter en conta que, ainda no era pantasma, daquela era un aprendiz.

Na taberna, naide movía un músculo da faciana nin pechaba ollo, podiáse ouvir o vó dunha mosca, e cousa extrana, ninguén tusía, o úneco que sonría e daba mostras de ledicia, aparte dos aparecidos, era " O' Shea O Tolo", semellaba coma si soubera ou coñecera o que alí se estaba a contar.

Despoís dunha feble pausa para tomar un longo trago de cervexa, Peter, volveu a continuar coa sua narración,

E nos, sentados no chan, "John Seisdedos" veña palicar e palicar de cousas triviáis, e non tiña trazas de parar, e coma era o anfitrión e o que mandaba, non quedaba outra que escoitar o que él dixera, ata que lle petara ou se cansare, ainda que, por outra banda, a cousa de escoitar, tendo en conta o acontecido, facíamolo como moi atentos e expectantes, entre outras cousas, porque endexamáis ouvíramos falar a unha pantasma. 

Mesmo no centro daquela estancia atopábase unha mesa que non vira ningún de nos o entrar, supoño eu que xa estaría alí cando chegamos á cabana, pois ninguén entrou a poñela alí dentro. Enriba dela, unha cesta de vimbia chea de toda-las clases de froitos tropicais e do país. O dono e señor de todo aquelo e máis da voz, voltou a falar,

O carón de este cuarto tedes outro, podedes cear, e despóis vos meteredes nél, hai unhas liteiras que vos veñen ó pelo para deitarse, e si cadra, tamen para tratares de durmir. Nos almarios encontraredes roupa limpa e enxoita, así que, ¡ata mañá! ¡que descansedes! Con estas palabras despideuse.

Un día máis, o siguinte, amañecía cando nos erguimos, nin que dicir ten que ninguén de nós, a pesares do cansancio, pechara ollo en toda a noite, moitísmos acontecementos a barallar para seres creíbres e menos para quedares durmido así polas boas. En calqueira caso, abríase un mundo novo e extrano diante nosa, que niguén de nos sabería o que podía acontecer dende este intre en adiante, somentes a pantasma podía dicilo, o outro dilema era, ¿canto tempo teríamos por estar alí? ¿Qué faría connosco "John Seisdedos, O Pantasma"?.

E foron pasando os días, o principio sin darnos de conta, xuntabamonos con John moitas horas ó día, entre o que él contaba sobor da sua vida de pirata, e a que fóra a nosa antes do naufraxio. Cada quen de nós, foi desgranando a existencia do día a día, dende o nacemento ata aquel intre. O bó de hurgares na memoria, e a cantidade de cousas que che pasan desapercibidas e que nin reparas nélas ó longo das nosas respectivas vidas, ou sexa, que por riba tiñamos que darlle as gracias o noso anfitrión por someternos a semellante exercicio, o cal como lóxica aplastante debíamolo facer, non faltaría maís. Fixémolo, el agradeceunolo, tomouno coma unha sinal de confianza, gustoulle, iso foi achegádonos un pouco máis a él, e se cadra sirveu para que tamen él se achegara a nós, en este punto de inflexion quedámonos.

Enton foi cando xa conseguimos ve-lo corpo do pantasma, ben, o do corpo en un dicir, víamos o esquelete, por certo, os ósos moi brilantes e limpos, a faciana chea de barbas, ben vestido e pulcro, con moita variedade de vestiario, uniformes de toda-las nacionalidades, españois, ingleses, franceses, irlandeses, etc. etc., iso sí, todiños de Xefe, coma un bó capitán que se precie e que foi. Dicia que, cando chegamos a ollar o esquelete, semellaba que xa había confianza entrambos bandos, dabános con elo, o seu visto bó, sua amizade e por iso, deixábase ver, alo menos de momento.        

Dende aquel intre máis ou menos, escomenzamos a cavilar que algo iamos facer para tratar de voltar ós nosos fogares, isto se nos deixaba o noso amigo John.

Non ía ser tarefa sinxela, pero xa pasara moito tempo e principiábamos a estar un pouco fartos da boa vida, ben pensado aquelo non era para nos, era lóxico pola nova da situación, e cada quen de nós quedou deslumbrado polo acontecido, e do ben que nos trataba o Sr. Pantasma, máis todo ten un final, ademáis, escomenzábamos a sentires morriña, nostalxia e inquedanzas polos nosos do alende. A dicír verdade, recoñezo que fóramos moi inxustos non lembrándonos dos nosos seres queridos naquel espazo de tempo, no noso descargo debo dicir que non era unha situación normal, poís estabamos como absortos e alucinados ou meigados ¡que sei eu! Por todo aquelo que viamos, e ademais, como non, a boa vida, sin dares pancada, a cantidade de comida e bebida que nos prodigaba John, tratábase de un bó agasallo e endexamáis nas nosas vidas olláramos, nin tan siquera cavilaramos cousa semellante, nin credo que a voltemos ver. O certo e, que chegados ata este punto, cavilabamos que a pesares de sere todo moi bó, exótico, incribre, e todolos calificativos que se lle queiran engadir, cheganche ata a coroa e rematas canso de tanto facer o lacazán, dímonos de conta do moito que estarían a sofrir os seres queridos, a familia e amigos, entrementres nós, coa barriga o sol, levando a gran vida e vivindo a corpo de rei.     

E non había maneira de acougar a intranquilidade, nin no corazón nin no corpo, e moito menos nos miolos, as lembranzas remexían dentro de nós con toda intensidade, ademáis dos remordementos da concencia, e  invadeunos a nostalxia, os recordos máis pesimistas cheos de tristura por non ve-la familia e os amigos, agolpábanse na nosa testa, máis non dependía de nos, o problema era, por dicilo dalgunha maneira, aquel que tiña a chave daquelo, ¡o Sr Pantasma!. Iste, era o escollo máis importante a salvar, pero, ¿quen lle diría o que desexábamos? ¿coma o tomaría? A preocupación iba medrando por todo isto e po-la soidade, xa que en realidade estabamos sós, e non podíamos fuxir. Naquel intre, matinabamos o que nos dictaba a concencia e máis que nada o corazón. A meia tardiña, sobor das catro do serán, a hora da sesta, metímonos na cabana, e en vez de durmires, puñémonos a intercambiar opinions entre nós, por ver quen debía decirlle "O Pantasma", o noso desexo, e cando.

O que matinábamos sabiámo-lo todos e por suposto enteiramente de acordo, ¿a quén? Tocoume a min, e ¿cando? Xa que ia ser eu, tiven unha ocurrencia, dentro dunhos días cumpririase un ano da nosa estancia naquel paraíso, así que, si o celebráramos cunha boa festa, quizaís, teríamos ocasión de expoñerlle nosas intencions. Fómolo planeando, fixemo-los preparativos de rigor sin que John se decatara, adornos de papel, serpentiñas e froles penduradas do teito da cabana, coma se fose a festividade do Antroido, froitas exóticas que recollemos para celebra-la  comellada, un gran bocoi de ron, bebida importante para un Pantasma de pirata, e tamen para aqueles que non o son tanto.

Rematado-los preparativos, fixemos soar a campá, pendurada a entrada da cabana, e que pertencera a un barco pirata, cousa lóxica por outra banda, o tañido da mesma, apareceu "Jhon Seisdedos", vestía un túneca blanca ata os pes.

¿Qué acontece? ¡Xa me explicaredes a que ven tanta carallada de escándalo! ¡un xa non pode durmires con tranqulidade!

E conteille craro, que a nosa intención de facer un acto lúdico festeiro, co gallo do cumprimento do primeiro aniversario da nosa arribada a suas posesions, e por suposto da sua intervención como salvador de todos nos, e que él era o convidado de honra. Pareceulle moi ben, xa que as festas e celebracións gustabanlle a morte, máis non ía vestido para tan solemne festividade, Asi que agárdamos cinco minutos, máis ou menos, foi o tempo que empregou en cambiares de roupa.

O cabo de ise tempo, volveu a comparecer diante dos nosos ollos, neste intre, lucía un traxe azul, da sua guerreira, penduraban toda-las condecoracions e ferrallas habidas e por haber, disque pertenceran a un almirante inglés.

Sentamos todos ó redor da mesa das viandas, él a presidía, sentado cómodamente na cadeira xiratoria feita de vimbio. Entre comer e beber, máis ben beber. Foron pasando as horas, era o intre en que cada quen termara do seu, pois xa estábamos todos bastante achispados incluido o "John Seisdedos". Erguínme do meu asento, non sen certa dificultade, apenas daba xeito a poñerme en pé. Miña perda de equilibrio durou poucos segundos, axiña e coma un resorte, gañei con aplomo e autoridade miña verticalidade, acrarei a gorxa e empecei o meu discurso adicado o noso anfitrión, con voz engolada e solemne coma requería aquela cousa.

¡Amigo John! Con esta festa preparada con todo agarimo pola nosa banda, queremos con elo agradecerche o que fiseche por nos, gracias a ti estamos vivos, sans e salvos, a deuda contigo será eterna, isto é unha mostra do moito que che debemos, ¡eres un gran Pantasma!, eu diria que o Rei, máis non poído nin sei poñer máis calificativos, non son persoa estudiada, só un humilde pescador, nestes intres gostaríame de ter a facilidade de palabra e o verbo doado e sinxelo para poder expresares o que todos nós sentimos por ti,

¡Hip,hip! dixo Pete!

¡Hurra! Contestaron a coro os outros cinco (Así ata tres veces.) 

Máis a pesares da miña iñorancia, podo dicir que as ringleiras disos calificativos sería interminabre e aproveitando que estamos todos xuntos eiqui, quería pedirche, coma fillos teus que somos, un favor máis ...

John ergueu sua man direita, meior dito tódolos metacarpianos, en sinal cortante e de que gardáramos silenzo, e dixo con voz trémula e entrecortada,

É halagador ser pai de tantos fillos, moi enternecedor o que dixeches, abofé que sí, ata se me poñen os cabelos de punta e a pel de galiña, e un decires, o certo e que, as tuas verbas ¡chegáronme ata os ósos! Pero confesareívos algo. Estou, glup, emocioado pola festa e as verbas do panexírico, e bastante "chupao" polo ron, douvo-las gracias por iste homenaxe, máis a pesares de todo isto, non e atranco para que non saiva o que tramades ¡non dígades nada, silenzo! En primeiro lugar quero dicir que me gusta moito esta festa e sobor todo o ron, ¡carallo "pa" él, estábache bó! e unha vez máis ¡graciñas! O outro asunto do que ainda non dixéchedes ren, pero eu seíno, ¡lacazáns que sodes unhos lacazáns! conspirades contra min, por mor de querer marchar, pero teño que recoñecer que sodes boas persoas.

(Murmuxios na taberna)

Veredes, o entendo e o comprendo, máis tedes que estare dacordo que non mo poñedes doado, e dicír, entre a espada e a parede, isto o meu, e unha lenda o como tal ten que seguires, se vos deixo ires, saberíase e perderiáseme o respeito, e isto, co tempo, pódese converter nunha ruta turística, eu vexo moito máis aló do tempo e dos lugares, e para min e doado adiviñar que en poucos anos, isto sería como unha feira, ía estar cheo de xaponeses e cando istos chegan, xa o podedes supoñer, ¡ostía que borracheira debo ter! ¡como vades saber vos iso!, entón decídeme ¿que podo facer? ¿cal e a vosa resposta?. Decídema e poida que me convenza. E iso que non tendreí en conta o de nomearme pai de todos vos, porque ti dis que non es home estudiado, ben, pero páreceme que pillabán eres dabondo, ¡non non me mires de ise xeito! é verdade, o que pasa e que prefiro que sexa tal como o dixieches e non cavilar en que era para facerme a "pelota" si te decatas, ¿dixeches pai, ou equivócome?, é o mesmo, e digo eu, pergunto ¿qué pai non quere o ben dos seus fillos?, e craro, ¿alende ata terei netos? Si cadra máis de dous, ninguen dixérame isto, tocacheme a vea da sensibilidade, pero non tiveches en conta que eu son o Pantasma do pirata " John Seisdedos" e un Pantasma non pode chorar nin derramar unha soa bágoa, e ademáis ¡sonche malo de carallo!, ou a lo menos teño que selo. Alá ti, cavila ben o que vas dicir para que eu torza a miña opinión.

Volvín toma-la palabra como portavoz do grupo xa sin moita convicción, despois de escoitar o que dixera John, quedei amolado, pero non podía recuar, polo que empecéi dicindo prácticamente o mesmo que a vez anterior, ainda que a según ia falando xurdían da miña boca outras verbas e foron istas, máis ou menos, 

Agarimoso amigo John, xa dixen que che debémo-la vida, estarémosche eternamente agradecidos e sin condicions, isto sabémolo todos nós e asumímolo, máis tamén e certo que temos familia no noso pobo, inda que nestas alturas, supoño eu que xa nos haberán feito os funerais, o enterro e ata a misa de cabo de ano, pero como estamos vivos graciñas a ti e considerámoste un Pantasma benevolente e a boa fe, ademáis de pai, pois que queres, gustaríanos voltar, prometemos e xurámosche, que edexamáis falaremos nada de nada, e como compromiso que acadamos nestes intres, e como non, na tua honra, o primeiro neno que nazca no pobo batizaremolo co nome de JOHN. E logo falaremos longo e tendido do mal que nos fixeche pasar acotío, das pesadelas máis estarrecedoras que un pode maxinar, que nos puxieches uns griletes e cadeas de ferro de tamaño tal, que non eramos quen a dar un só paso sin deitarnos no chan, e cando berrabamos ca dor, nos metías nunha gaiola, que tiñas pendurada no alto dun ameneiro ¿e que dicir da cámara das torturas na que ficabamos nela unha semán sí e outra tamen? E que os días que non estiveramos na cámara, despertábanos pola mañán cedo, a golpe de tralla cun látigo de sete colas, en cada cola unha boliña de plomo, que oíamoste, máis non te víamos, e ademáis iso, adornado con un ruido infernal de cadeas arrastrándose polas pedras a calqueira hora do día ou da noite.

Non está mal, dixo John, non está mal, gústame o do boutizo, si, si, máis o do látigo, non se me ocorrera, ¿cómo non o pensei eu? debo ir vello, pero ten que ser moito pior, pois ademáis do que dixeches podedes engadir a todo iso o que vos veña en gaña. 

Nada máis dicir estas últimas verbas, de contado quedou calado, cavilando algunha cousa que nos nin sabíamolo nin maxinamos, por mor de que non éramos pantasmas, o home cos seus ósos dos dedos polegar e indicador collía-las barbas e non paraba de rascar a súa queixada, coido que era un bo sinal.

¡Vaites!, despois de cavilalo un anaco poñereivos tres condicións que encargarédebos que sexan cumpridas a raxatabla,

A primeira, ten moito que ver cun dos irmáns O' Shea, o que vos lle chamades de mal nome " O Tolo" e ¡ollo se me fallades! Só quero que lle devolvades a boa conducta, e que lle deixedes de poñer o alcume.

Máis como vedes, veciños todos, estamos eiquí sans e salvos, gracias a vontade do Pantasma, xa sei que agardades que vos diga todalas condicions, pero ...... isto de falar da moita sede, si cadra non me faría nada mal outro trago.

Colleu a xarra e bebeu outro trago de cervexa, limpou os morros coa manga da camisa, e dixo,

A segunda, foi que botáramos unha partida o xogo dos chineses, e o perdedor que fun eu, se lle poñería unha pena. Esta, consistía en cortarlle-lo  dedo meimiño do pé esquerdo, e sería a mans de "John Seisdedos"    

Peter descalzouse e ergueu seu pé por riba da mesa, para que todo o mundo alí presente vira que lle faltaba ise dedo.

¡Oh! ¡Oh! ¡Oh! Murmuxios de incredulidade e algunha que outra palabra de reprobación saían das gorxias daqueles, e só pola falta de un soio dedo.

Volveu Peter a mete-lo pé na bota, e de novo tomou a palabra, ergueu os brazos pidindo silenzo, e foi obedecido. Calmada-las masas puído continuar co seu relato.

¡Amodiño! Así, escoitade con atención, eu non o tomei como un castigo nin como un aldraxe, non creades, abofé que o podo xurar, máis ben foi todo o contrario, fixome un grande favor, ¿sabedes por qué? Ben, poís tódalas botas que teño, cando as poñía, facíanme dano nese dedo, agora xa non teño ise problema, creio que algo sain gañando ¿ou non?    

Ben, sigo o dedo quedou aló, no poder de John, (agora si que podemoslle chamar Seisdedos) e ten por obxeto que si vos, ou nós, os do naufraxio, ímonos da lingua máis da conta, na primeira ocasión que nos fagamos o mar, invocará (a través do dedo) os espiritos e estes arrastrarannos cara a cova, para non saír dela endexamáis.

¡Oh! ¡Oh! ¡Oh! (os presentes seguian abrindo a boca, algún ainda non a pechara dende a vez anterior).   

Peter non desaproveitou os ¡Ohs! Tomou outro trago de cervexa, desta vez moi longo, era o énesimo, paladeou o louro líquido, fixo un chasquido coa lingua (ta bo) limpouse os beizos, unha vez máis a bocamanga da camisa, chistou na procura de silenzo e contínuou,

Veredes, na terceira e última condición, ¡estades todos vos involucrados! Berrou con tanta forza, mismamente coma un trono, que fixo que na rua, se abaneara o letreiro da taberna pendurado do teito da casa, ó tempo, sinalaba co dedo indicador estirado, e co peito votado para diante, ¡síii! ...  ¡todos vos!.

¡Oh! ¡Oh! ¡Oh! Exclamaban, (Pero moito máis forte cas veces anteriores) todos ou case tódolos coñecidos mirándose de esguello uns para os outros, con recelo e desconfianza mútua, ainda que poñendo a faciana, coma quen, eu non fixen nada.

Póis si, xa vedes, todos vos, homes mulleres e nenos sin excepción, eiqui no estrado, como podedes ver, está connosco noso conveciño e amigo O' Shea, o que todos lle chamades " O Tolo", ben póis dende hoxe será O' Shea a secas, nada de Tolo, ¡nin polo baixo, que vos conozco!, xa que vades saber que, o longo destes anos tivemos un concepto equivocado dél, todo o que dicía era verdade, pero nos erre que erre, non lle crimos nin a primeira palabra e por riba colocámoslle o alcume de "O Tolo", direívos que é íntimo amigo do Pantasma, que agora ben podemos engadir un santo Pantasma, e gracias en parte a esa amizade con O' Shea, estamos eiquí de volta vivos, sans e salvos e por certo ven mantidos coma se nos pode ver, xa que foi e vai sere, o noso millor valedor ante John Seisdedos, o (santo) Pirata Pantasma e nin que dicir ten que ésta condición témola que cumprir a raxatabla, endexamáis chamarémoslle, O Tolo, so pena de que John baixe o dedo e que pase ... en fin o que teña que pasares.

Outra cousa máis, e poñer moita atención, O' Shea e o representante legal do noso amigo John, ou sexa como un embaixador, asi que, se algún de vos necesita algunha cousa, craro que tería que ser excepcional e moi xustificada, un favor que non fora, como diría eu, terrenal, sí iso é, terrenal, aquel que o necesite do noso Sr. Pantasma, tería que contarllo antes a O' Shea, ou sexa que iste sopesará o de cadaquen o dirá si pode ser ou non, non creades que tratariase de coller a barquiña e hala a dar voltas polo mar, achegarse o caron da cova, e con  berrar, ¡Sr Pantasma son eu, o fillo de tal e cual! E necesito esto, estrouto etc., está todo amañado, ¡diso nada! ¡xa o podedes esquencer da testa! ¡nin se vos ocurra! Primeiro falarades con O' Shea, e este decidirá o que hai a facer en cada caso e con cadaquen, ou sexa, o que se lle da a chamar, ¡consenso! ¿queda craro? (o do consenso non creio).

Un ¡Siii! Estruendoso encheu a sala da taberna "A Tartaruga Veloz".

E con isto, creio que xa queda no voso coñecemento a nosa história e demáis, veña todo arranxado, ¡outra cervexa!. Baixaron do estrado, tódolos presentes querían dicir algo ós "aparecidos", estreitarlle-las suas mans, as donas e fillos de estes choraban abrazados, bágoas de emoción e ledicia,

¡Esperade non marchedes ainda!

Aqueles, os ouvintes, testemuñas diste feito e máis do anterior, quedaron afeitos a calar e sorprendidos, non esperaban ver a iste persoaxe na taberna, sobor todo daquelas horas.

Quen berrara deste xeito, era o crego da parroquia, que estivera durante toda a narración, agachado e arrimado a un curruncho, sin dicir nin pio, pero tomando boa nota de todo o que alí acontecía. Máis, matinaba, non podo intervir agora, inda que gañas non me faltan, estanche os nervos a frol de pel, e non é moi axustado nestes intres botarlles unha boa reprimenda a iste fato de herexes, por deixares no olvido a igrexia, e a min por suposto. Teño que falar con Peter, e como non con O' Shea, xa ves señor como son as cousas neste pobo, iste é o rebaño que eu teño a coidar, pero semella que han ser perdoados por mor de teres nacido de novo, e os outros, o resto, xa verei que amaño fago con eles.

¿Que acontece señor cura?, perguntou Peter,

¡Vaites! ¿cómo estás Peter? Abofé que se che ve bastante ben, calqueira diría que ves do inferno.

Señor cura, ¿acaba de chegar ou estivo a oir toda a historia?

Estiven si señor, todiña a oín, ¿e logo por qué?

Póis verá vostede, porque dixen ven craro, e máis de unha vez, que viña do paraíso, e si non e moito perguntar, ¿qué e o que quere de min?

Verás Peter, nin que dicir ten que alegrome moito de verte a ti e máis os outros, pero me gostaría incidir en algo, eu creio que ainda faltan duas cousas por facer encol do naufraxio.

En verdade señor cura, no me decato, nin sei a onde quere chegar, porque a miña andaina, coma vostede a saber, foi outra en todo iste tempo, pero non se preocupe, isto o arranxo eu de contado.

¡Queredes calar unhos intres, vaívos falar o señor crego!.

A ver irmans, empezou por dicír o crego, non vos lembrades para nada da nosa igrexia, dígovos que sodes un fato de larpeiros da cervexa, e por demáis, non pensades máis que na troula, e xa que o parecer, os lugares do pobo de maior importancia, sonche a igrexia e máis a taberna, e para vos, como ven se ve, non xustamente por iste orde, ¡mañán as cinco do serán facerémola la misa de acción de gracias polos resucitados ....

¡A modiño señor crego, amodiño! ¡Xa estamos ca ladaiña!, deixaronse oir unhas voces o fondo do local.

Hom, ¿e que máis da?, ¿vos non os dábades por mortos?, ¿entón? (0s do fondo do local referíanse o de larpeiros da cervexa) O Sr. Crego así tamen o entendeu, pero non houvo resposta, xa que pensou, e con razón, que, naqueles intres, o alcacén non che estaba para gaitas.

Ta ben, quero dicír con isto que, coma eiquí, na taberna, xa estivechedes, póis que, aparte da misa, creio eu, que ó seu remate, debíamos botarlle terra o asunto iste do naufraxio ..... tapando os foxos que tiñamos preparados para eles no camposanto ¿non?

¡E certo, si, ten vostede razón!, berrou máis dun, ¡agora sí que falou ven vostede Sr. Crego, conte connosco!.

Iso é todo o que tiña que dicir, enton ata mañá, dixo, e saleu da taberna cara o igrexario, sin pestanexar, alentando fortemente, polo mal intre que estivera a pasar, por mor de mete-las ventas onde ninguén o chamara.

¡Carallo, paseiche por unha boa! Pensou o crego, na sua andadura.

Nun recuncho do local, despóis de escoitar as verbas do crego, O' Shea atopábase naquel intre rodeado de veciños, que lle falaban. Ouvíanse polo aire e o mesmo tempo frases soltas espalladas,

¡Eu sempre fun teu amigo!

¡Eu decíache aquello de ... coma unha coña farrera, en plan de amigo e agarimoso!

¡Unha vez presteiche a meu lampión ¿lembraste?

¿Máis como non te has lembrar? Craro que si home, convideiche a unha cervexa fai 20 anos, ¿non perdería-la memoria? ¡bo, non importa, hoxe convídote a outra!

Era noite pechada, miña nai, meu pai e máis eu, subindo polo camiño, era unha costa moi empinada, dirixiámonos cara a nosa casa, hoxe non se atoparía néla ningún xeito de tristura, nin eu ollaría ningunha lus acariaciando os vidros da nosa fenestra. 

FIN

Autor: José Luis Patiño

servido por pacoco 15 comentarios compártelo

15 comentarios · Escribe aquí tu comentario

pacoco

pacoco dijo

APLAUSOS MILES !!!!!!!!!

Espectacular

4 Febrero 2010 | 04:00 PM

ana

ana dijo

Historia preciosa, aqui en galicia muchas familias la vivirian unas con este final y otras con el más desgarrador de la incertidumbre y de nunca más sabe de sús seres más queridos...leyendo me acordé del padre de seijal y el de tres hermanos que eran vecinos de quijada, y otro más que no me acuerdo quien era que nunca más aparecieron el mar se los quedó para siempre...
jose luis patiño,GRACIAS POR COMPARTIR EL RELATO Y LAS FOTOS MUY ENTRAÑABLES...UN SALUDO

4 Febrero 2010 | 05:32 PM

José Luis Patiño

José Luis Patiño dijo

Hola Paco, muchas gracias por tu felicitacion y de paso aprovecho para darselas a Ana. Ya le decía a Isidoro que la imaginación había que cuidarla, aunque a veces no solo sea esa la cuestion, si no la de decidirse a escribir y darle rienda suelta a las ideas y pensamientos que tengamos en la cabeza. A tu pregunta si tengo algo más escrito, diré que si, aunque cuentos cuentos, tan solo uno, el resto son relatos bastante largos entre 130 y 180 folios, que es una temeridad, creo yo, meterlos para leer, aunque a mi no me importa que vean la luz, todo lo contrario. El cuento si es cortito, consecuencia de esa imaginacion que se pelea entre piratas por un lado y duendes y gnomos por otro. Entiendo que todo es fruto de una época en la que había que ingeniarselas para pasar el tiempo y pero que no se le dio salidada hasta una edad determinada.

4 Febrero 2010 | 06:39 PM

Xosé lois

Xosé lois dijo

Buenas.... Mi más sincera felicitacion por tu relato, es fantatica la historia, del naufragio de Peter. Como tu bien dices,la imaginacion es fantastica y haces bien darle rienda suelta, un abrzo

4 Febrero 2010 | 10:25 PM

maria luisa  garcia vidal

maria luisa garcia vidal dijo

No tengo palabras,simplemente !Maravilloso¡

Gracias por compartirlo con nosotros

4 Febrero 2010 | 10:31 PM

Geluco

Geluco dijo

Fantástica historia y estupendo relato. Recibe mi sincera felicitación Jose Luis Patiño.
Al leerlo me hacia recordar a la realidad, convirtiéndose así en un cuento de realismo mágico. Así la ""cova do panstama" era "la cueva del pirata" (de la Cetarea en San Roque de Afuera), el "Camposanto" estaba en la Capilla de San Roque, la taberna da "Tartaruga veloz" era "Tasca Taboada" (de la Plazuela de San Roque de Afuera). El personaje "Jhon Seisdedos" era Pacoco, el "O´Shea o Tolo" era Andrés (por su gusto al aguardiente) "O Grumete" era Tito y " O crego" era nuestro amigo Rafael... En fin todo ello fruto de la imaginación.
Lo que no es fruto de la imaginación y el cuento me lo acaba de confirmar es la existencia del "Tesoro escondido", ya que todos estos personajes son en realidad antepasados de "aqueles outros" que cuenta la leyenda.

5 Febrero 2010 | 01:39 PM

Geluco

Geluco dijo

Amigo Jose Luis.
No mates a nadie, ni siquiera a los árabes.
A los cuales les debemos tanto.

5 Febrero 2010 | 01:41 PM

José Luis Patiño

José Luis Patiño dijo

Gracias Geluco, me alegro de que te haya gustado el relato y que lo asocies a algo tan cercano y querido como San Roque. Yo soy de Labañou, pero en San Roque, vivian mis padrinos y primos, además de aquella gran mujer que se llamó Sor Joaquina, la primera fèmina que me vio el culo, me ponía las inyecciones,. cuando era pequeño. `¡Ah! y a los arabes no los mato yo decía de luchar contra ellos, y me refería en concreto a una lucha virtual para despuwes plasmarla en unos papeles en blanco, yo no mato ni una mosca, fui rebelde pero no di para tanto. Gracias otravez Gedluco.

5 Febrero 2010 | 01:58 PM

isi

isi dijo

JOSE LUIS eres un artista de l imaginacion miro que yo tengo bastante
pero para escribir como escribes tu y además en gallego hay que tener alma de artista y mucha paciencia ;me imagino .
y me hizo recordar que mi padre es de una familia de marineros de la puebla de caramiñal .mi abuelo por lo visto era un muy bueno marinero
y mi abuela paso su vida rezando vestida toda de negro porque perdió un hijo un el mar del quien nunca se encontró su cuerpo.

y otra pregunta es que tienes algún recuerdo de mi tío pacucho o dani
pacucho tendría unos años mas que tu creo que es del 40 pero fue para lb con ya 20 anos y dani mas joven del 51
dos buenos gamberros jaaaaaaaaaaaa

5 Febrero 2010 | 07:43 PM

isi

isi dijo

jose luis perdona no me presente soy hermano de paco

5 Febrero 2010 | 07:46 PM

José Luis Patiño

José Luis Patiño dijo

Hola Isi, gracias por tus elogios, pues si que salio bien este Naufraxio, al menos por lo que vosotros decís, pues si, me gusta escribir en gallego, en ralidad mejor decir que me gustaba, puesto que de no practicar, se te va olvidando y cada día te cuesta más, en cualquier caso sigo haciendo algo pero en castellano y no por nada, sino por el motivo que dije anteriormente. Bueno, me abres una puerta, con lo de tu tio Pacucho, si, fuimos muy amigos, en la época de cuando hizo la mili, aún recuerdo el dia en que se licenció, me regaló un pantalón azul marino, yo se lo quería comprar, pero el r que r, nada,no hubo forma, y eso que no andabamos muy bien de dinero, lo que si corrió fue la cerveza de la celebración por su libertad. Tiempos. Un abrazo

5 Febrero 2010 | 08:58 PM

pacoco

pacoco dijo

Hola José Luis
Estoy muy contento de que hayas sido amigo de nuestro tio Pacucho ( todo un personaje, con muchisimas contradicciones, pero realmente encantador), asi que si tienes anecdotas con el nos gustaria mucho leer alguna.
Por otra parte tambien lei que tenias un cuento y varios relatos. No dudes en enviarlos y compartirlos con toda la cofradia

6 Febrero 2010 | 01:51 PM

ofelia cela lopez

ofelia cela lopez dijo

Hola Jose Luis,no creo que me conozcas,a lo mejor me conoces de vista soy vecina tuya, no de portal si no de enfrente yo os conozco a todos y tengo trato con tu hermana Elvira y con Chanchi contigo no pero es no coincidimos nunca ademas mi hijo es amigo del hijo de tu hermana y mi hija es amiga de tu sobrina la hija de Chanchi espero poder conocerte en persona un saludo. P.D. MARAVILLOSA HISTORIA. Gracias por compartirla con todos nosotros.

7 Febrero 2010 | 01:08 AM

José Luis Patiño

José Luis Patiño dijo

Hola Ofelia, aunque no te conozca, por los datos que aportas sobre mis hermanos y demás, somos casi de la familia, ja, ja, espero que algún día de los que voy a ver a mi madre, coincidamos y nos depare la ocasión de presentarnos. Me encanta que te haya gustado el relato do Naufraxio. Gracias

7 Febrero 2010 | 09:59 AM

José Luis Patiño

José Luis Patiño dijo

Buenos días Ofelia, me alegro de que me hayas escrito, porque aunque no te conozca, por los datos que aportas, sonos casi de la familia, por lo tanto y dado que vives enfrente de la casa de mi madre, no será dificil de que nos encontremos, si no te importa si me ves por allí, me dices algo y así podremops conocernos. Estoy encantado de que te gustara Gracias por lo del Naufraxio

7 Febrero 2010 | 11:04 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí


Get a scroller sign at http://www.crazyprofile.com.com!
comprar y vender

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera