Labañou: As rutas de Mantiñán
PODEMOS FACER UNHA RECOMENDACION DE RUTAS.
POR EXEMPLO RESTAURANTES, LUGARES A VISITAR, HOTEIS...
15/03/2011
Provincia de Pontevedra
Si vos cadra un día de pasar por Forcarey na provincia de Pontevedra tedes que pedir pra xantar carne richada.
A poden por con patacas cocidas ou fritidas, mellor pedideas con patacas cocidas.
Trátase dunha cousa rara pois a carne está entreverada entre fritida e asada.
É unha receita que trouxeron os carreteiros dende Castela e adaptárona un chisco ó noso ser.
---------------------------------
04/03/2011
Provincia de Ourense
Estamos no tempo do entroido, e anque vivo en Pontevedra vila na que se vive moito esta festa non cabe duda que si vamos a Laza, xinzo ou Verín na provincia de Ourense poderemos vivir unhas festas realmente fermosas. Con moita festa e si o corpo aguanta poderemos vivir algo realmente diferente.
Calqueira cousa que se conte destas vilas é pouco, pois os cigarróns, pantallas e peliqueiros teñen a sua propia idiosincrasia.
De feito é festivo toda a semana, puxen ben festivo non festa, agas os bares e certos medios días que abren os autoservizos.
por certo pra reservar hotel ten que ser dun ano pra outro ata na cidade de Ourense ai plena ocupacion hoteleira de xente que se desplaza a estas vilas.
Eu pola miña parte vou mandarlle unhas filloas que me fillo a miña irmá Rosa e por riba tomar un grolo de licor café.
Que carallo, un día é un día e un peso gastouse
-----------------------------------------
Redondela
nos arredores de Redondela temos uns lugares para cear chamados Os Muiños sonche varios locais que como seu nome di son muiños restaurados, podemos tomar algo de picar e molla-la palleta nunha noite de vran, baixo unhas parras ou as estrelas.
.
FERVENZA DA TOXA
Ao fío das bonitas fotos e ruta que puxo Luisa LC no apartado de Galicia, amplo un anaquiño mais:
.- Pazo de Oca, chamado "Versalles" galego, pagando un pouco e sempre que abran, pero paga a pena velo.
.- Mosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, tal como ben amosou noutro apartado Luisa LC.
.- Baño e/ou merenda, na Area recreativa de Merza.
.- Pico Sacro, se quedan pulos a volta, pra ver a posta de sol.
E unha saída fermosa dun día, e son uns 250 kmts dende A Coruña, ida e volta de boas estradas.
En Merza, no Balneário de Baños de Brea, hai bó xantar, e mellor dormir, para alongar o lecer dous días.
Jsch
Pontevedra
1- En Pontevedra direccion Vigo podemos topar a Redondela a vila dos viaductos, pois nela e subindo pola beira do rio alvedosa podemonos topar con unha ruta de muiños que agora veñen sendo todos mesones, podes tomar un grolo de viño e picar algo a sombra dunha arbre, realmente acolledores, pra estar en familia.
2- Entre Pontevedra e Sanxenxo hai un pobo chamado Combarro, e un recinto declarado de interese histórico artístico, e moi tipico pola cantidade de hórreos que ten, e un pobo mariñeiro e podes imaxinarte que paseas por unhas ruas de fai 200 anos,
Rafael
O GALEGO !!!!!!




Pontevedra by Night



pacoco dijo
Hola Amig@s
Me habia olvidado de abrir este apartado recomendado por Rafael,
En este no se trata de aportar fotos, si no mas bien de, como dice Rafael, aportar datos de interes sobre rutas etc..... y lo que mas le interesa a Carlos V es la comilona jajajajaj
Ahora ya me toca ir a la Ofi
un abrazo
2 Septiembre 2009 | 02:27 PM